Monday 8 May 2017

Proxecto escolar "A Guarda sen plástico"


O motivo do noso proxecto e o que nos gustaría facer









Cando empezamos o curso, vimos que no instituto estabamos a producir moitos refugallos de distintos tipos, e moi especialmente plásticos, e non era posible reciclar ningún deles. 

Dende hai unhas semanas e gracias en gran parte ao traballo dos alumnos e profesores do departamento de automoción e carrocería, temos no centro cubos de lixo de distintas cores e, gracias ao seu traballo e os alumnos de plástica, contamos cun cubo para materia compostable na cafetería. 

Os alumnos de plástica están tamén empezando a deixar caixas para reutilizar e reciclar papel nas aulas. 

A partir de agora podemos reciclar prácticamente todo o lixo que producimos no centro e gustaríanos moito contar coa colaboración de todos. Como? Pois primeiro respetando e coidando dese material para reciclaxe e os lugares no que vai que dar colocado, e despois, claro, utilizándoo adecuadamente e seguir a guía de reciclaxe para  non mezclar distintos tipos de restos e que o persoal de limpeza e os rapaces encargados da compostaxe poidan manter esa separación fácilmente.

Este vídeo é un resumo da análise que fixemos e como fomos intentando cambiar algunhas cousas.



É esencial que lembres que, antes de reciclar, o máis importante é consumir con responsabilidade, e reducir sempre que sexa posible a utilización de materiais dun só uso ou perxudiciais para o medio ambiente. 

Á hora de reciclar, esta guía pode axudarte cando teñas dúbidas sobre o colector no que debes deixar cada material (deixaremos unha copia no voso taboleiro):

                             GUÍA DE RECICLAXE





Podes atopar máis información sobre o noso proxecto na conta de Youtube correspondente ao vídeo de arriba, en Instagram: @plasticfreeschool, e en Twitter: @PlasticFreeSchoolAG. Anímate a seguirnos e a compartir as túas ideas e imaxes connosco.

No comments:

Post a Comment